Novas

Todos os concelleiros/as do PP de O Pino votan en contra de establecer bonificacións no IBI

O Partido Popular de O Pino, unha vez máis, vota en contra da moción do PSOE local, onde se solicitaban bonificacións no IBI para o sector agrícola, gandeiro, forestal e familias numerosas

No último pleno do concello de O Pino, celebrado o pasado día 30 de setembro de 2019, o Partido Popular volveu a rexeitar a moción presentada polo PSOE local. Moción que solicitaba establecer bonificacións do 90% da cota integra para todas aquelas explotacións agrícolas, gandeiras, e forestais, e, tamén, bonificacións no IBI urbano para as familias numerosas.

No debate sobre este asunto o alcalde popular, Manuel Taboada, rexeitaba a moción, e “a renglón seguido” di que “están de acordo, pero que van votar en contra da mesma” indicaba.

Así mesmo, comprometíase a traer as bonificacións para a próxima sesión plenaria extraordinaria de outubro, ou novembro.

Dende o Grupo Socialista sinalan que “estes feitos demostran un nulo compromiso do PP co rural, e coas familias máis necesitadas”. Tamén informan que volverán a solicitar as veces que faga falta as devanditas bonificacións.

Fai clic para ver o momento.

 

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018