Novas

O Parlamento aproba unha proposta Socialista para que a Xunta remate a parcelaria de Gonzar en O Pino

Óscar Vilar Chento critica a falla de compromiso e desleixo na concentración de terras de Gonzar, paralizada dende hai 19 anos

http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/comision-7-agricultura-alimentacion-gandaria-montes-2019-11-15?part=03109f5c-0807-4ab7-9f04-442daf9874df&start=7278

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para urxirlle á Xunta que remate no próximo ano a parcelaria na parroquia de Gonzar, no Concello de O Pino. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, presentou a iniciativa para desbloquear este proceso, paralizado dende hai 19 anos e que afecta a 7.852 parcelas en 900 hectáreas.

O responsable socialista criticou a “falla de compromiso” e “desleixo no procedemento” de concentración parcelaria fundamental para Gonzar, que segue “no punto de partida” demostrando que a que fora acuñada como “Lexislatura do Rural” por Feijóo quedou nun “mero anuncio”. Explicou que o bloqueo dificulta a explotación dos predios, provoca unha “considerable diminución da capacidade produtiva da terra” e o abandono das fincas.

Vilar Chento explicou que o Concello posúe tamén as parroquias de Arca e San Miguel Pereira, “onde non existe a concentración do monte”. A primeira delas segue sen ser solicitada polo alcalde nin decretada pola Xunta, mentres a de Pereira permanece “esquecida” logo de ter a Declaración de Impacto Ambiental aprobada en outubro de 2008.

O parlamentario socialista reclamou que o proceso “se reactive de verdade” logo de constatar que, horas despois de ter rexistrado esta iniciativa, a xefa territorial de Medio Ambiente, a xefa de servizo e o técnico da concentración teña anunciado unha visita para o vindeiro martes na Casa da Cultura de Arca para informar sobre o estado do proceso.

O parlamentario socialista advertiu que ata o momento “houbo moitas palabras, declaracións e promesas, pero todo queda en anuncios” mentres “o traballo importante segue sen realizarse nin executarse” ata o punto de que os datos dos últimos informes do Valedor do Pobo alertan da “excesiva demora na conclusión dos expedientes, xunto cos erros na planificación”.

Alertou de que Galicia ten neste momento un total de 128 concentracións parcelarias abertas en toda Galicia, 45 en A Coruña, 14 en Lugo, 31 en Ourense e outras 38 en Pontevedra, co que nesta “Lexislatura do Rural”, ironizou, o goberno galego tan só avanzou 9 procesos dende os 137 que había abertos en 2016.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno Galego a que remate as obras no ano 2020 do proceso de concentración parcelaria da zona de Gonzar II, no Concello de O Pino, así como estudar as futuras solicitudes de procesos de reestruturación parcelaria pendentes no Pino”.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018