Novas

A Deputación financia, con 66.811 euros, a construción da senda peonil que une Lameiro con Vilaboa en Arca

A Deputación achega o 80% do custo total das obras, que permitirán dar continuidade ao itinerario peonil na zona do polideportivo de Lameiro cunha nova senda de metro e medio de ancho

A Deputación da Coruña cofinancia a construción dunha senda peonil na estrada que vai de Lameiro a Vilaboa, en Arca (O Pino), a través dun convenio que se aprobará no Pleno de mañá venres. O ente provincial achegará unha contía de 66.811 euros (o 80% do total), para custear esta actuación de mellora da seguridade peonil.

A nova infraestrutura dará continuidade á senda existente na zona do polideportivo de Lameiro. Desta forma, crearase un novo itinerario peonil na plataforma que conecta este lugar con Vilaboa, ambos na parroquia de Arca. A nova senda contará cun ancho de metro e medio e permitirá que os usuarios e usuarias que camiñen pola zona poidan facelo en mellores condicións, reducindo tamén deste xeito o risco de posibles incidentes entre estes e o tráfico rodado. A senda quedará dividida da estrada por un bordo que delimitará ben ambos camiños.

Os traballos inclúen a mellora da drenaxe de pluviais e a canalización subterránea do cableado da iluminación pública

O proxecto inclúe a escavación en gavia para a colocación das tubaxes de drenaxe de augas pluviais, un colector de saneamento, un pozo de rexistro e un imbornal prefabricado de formigón. Así mesmo, levarase a cabo a canalización subterránea do cableado da iluminación pública.

O prazo de execución das obras está previsto en catro meses.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018