Novas

Alcalde e Secretaria «obstaculizan» o labor de control da oposición

O PSOE do Pino acusa ao Alcalde e a Secretaria de “obstaculizar” o labor de control da oposición

  • Cando se cumpre un ano do presente mandato, e tras varias solicitudes por escrito, seguen sen ter a súa disposición as actas das Xuntas de Goberno Local e Plenos

  • O Valedor do Pobo dálle a razón aos Socialistas e xa ten remitido dous requirimentos ao Concello do Pino

  • Os Socialistas valoran presentar unha querella contra o Alcalde e a Secretaria

Cando está a piques de cumprirse o primeiro ano do mandato 2019-2023 o Grupo Municipal Socialista do Pino denuncia que segue sen ter a súa disposición ningunha acta das Xuntas de Goberno Local do ano 2019 e 2020, e tampouco a dos Plenos, e no que vai de ano o solicitamos tres veces por rexistro, indican.

Documentación que, tal como indica a normativa, ten que poñerse á disposición de todos os Grupos da Corporación aos cinco días de celebrarse as sesións, “esta negación reiterada no acceso á información e documentación, sen motivo, está a privarnos dun dereito fundamental, así mesmo impídenos realizar correctamente e eficazmente o noso labor de control do goberno”, apuntan.

Ante estes feitos, o PSOE local xa ten formulada unha queixa no Valedor do Pobo, queixa que xa foi admitida a trámite e onde este organismo xa solicitou ao Concello, con urxencia, o envío da información requirida en máis de dúas ocasións, “ate o de agora o Concello do Pino nin contestou os requirimentos da Valedora, nin contestou ós nosos escritos, vai por libre, o que demostra unha vez máis a falta de respecto á institución, aos membros da Corporación, e sobre todo a veciñanza en xeral polo incumprimento da transparencia”, indica o voceiro do grupo, Óscar Vilar.

Lamentan esta prácticas por parte do Alcalde, como máximo representante, e da Secretaria, técnica a cal lle corresponde dar fe e redactar as actas, “sabemos que contamos con unha Secretaria que desempeña funcións acumuladas, é dicir, que atende outro concello, pero isto non é novo, pasa en moitos concellos, mesmo aquí xa temos tido outros técnicos habilitados con carácter acumulado e nunca antes pasou isto, non se molestan nin en contestar nin en explicar as causas dos atrasos, motivos máis que suficientes para valorar en poñer o asunto nas mans dos tribunais” indican.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018