Novas

CRITICAN O ATRASO NA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á HOSTALERÍA

O PSOE DO PINO CRITICA O ATRASO NA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á HOSTALERÍA

DENUNCIAN QUE FAI 15 DÍAS QUE SOLICITARON, XUNTO AO BNG, A POSTA EN MARCHA DO PLAN DE RESCATE LOCAL, “E DESDE AQUELA, O ÚNICO QUE FIXERON FOI SACAR UNHA NOTA DE PRENSA, PERO AS BASES SEGUEN SEN ESTAR PUBLICADAS NO BOP”

En O Pino, a 26 de febreiro de 2021. O Grupo Municipal Socialista do Pino critica o atraso na posta en marcha das axudas á hostalaría local. Unha liña de axudas acordada por toda a Corporación no Pleno extraordinario solicitado polo PSOE, e que foi celebrado o pasado 20 de novembro.

Os Socialistas informan que fai 15 días que solicitaron por rexistro, xunto ao BNG, a posta en marcha do Plan de rescate á hostalería local, “un plan acordado no Pleno de novembro, e desde aquela, o único que fixeron foi sacar notas de prensa, moita nota, pero as bases seguen sen estar publicadas no BOP”, denuncian.

Así mesmo, censuran a maneira de proceder do Alcalde, “de nada serve vender fume, nin anunciar axudas a bombo e platillo, cando sabe que nos orzamentos do ano 2021 non está prevista esa partida orzamentaria, polo tanto haberá que aprobar unha modificación de crédito, a cal debe de ser ratificada no Pleno xunto as bases, unha proba máis da improvisación que caracteriza ao goberno local do Pino”, apuntan.

Tamén lamentan, que desde o equipo de goberno non se contara coa oposición para a elaboración das bases. Bases que establecen axudas por un importe de 600 euros para os negocios de ata 5 empregados/as, e de 1.500 para os que teñen máis de 11 asalariados, “a contía mínima debería de ser de 1.200€, non ten sentido ningún establecer unha axuda de 1.500€ para os que teñan 11 persoas en nómina, cando, a día de hoxe, no Pino non hai ningunha empresa do sector hostaleiro que conte con ese número de asalariados”, indican.

Saúdos.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018