Novas

“IMPORTANTES IRREGULARIDADES” NAS OBRAS PARA RENOVAR O ALUMEADO PÚBLICO DE ARCA

O PSOE DO PINO DETECTA “IMPORTANTES IRREGULARIDADES” NAS OBRAS PARA RENOVAR O ALUMEADO PÚBLICO DO CASCO URBANO, O QUE SUPORÁ UNHA MODIFICACIÓN DO PROXECTO

“Non se cumpriron os pregos nin o orzamento, o alcalde debe dar explicacións”, asegura o voceiro socialista, Óscar Vilar

O Pino, 9 de abril de 2021. Os socialistas do Pino detectaron “importantes irregularidades” na obra de renovación do alumeado público nas avenidas de Lugo e Santiago en Pedrouzo, no casco urbano do Concello.

Os traballos, do POS 2020 da Deputación da Coruña, incluían obra civil para unha canalización que non se executou. “Non se cumpriron os pregos do proxecto nin o orzamento, o alcalde debe dar explicacións”, asegura o voceiro socialista, Óscar Vilar.

Despois de varios intentos, a dirección facultativa da obra visitou a zona para darlle as explicacións oportunas ao representante do PSOE. “Ademais de que é unha obra que financia a Deputación da Coruña onde non se colocou o cartel obrigatorio, o orzamento de obra civil que non se executou, calculamos que entre 30.000 e 40.000 euros, non poderá ser por suposto abonado á empresa adxudicataria, e haberá que modificar o proxecto ou facer unha baixa”, sostén Vilar.

“Agora mesmo non pode ser recibida coa súa correspondente acta de recepción e a modificación do proxecto levará tempo, xa que ten que ir a pleno e contar coa autorización da Deputación da Coruña”, explica.

“Está claro que ao alcalde, Manuel Taboada, polas acusacións que fixo no pleno do pasado mércores, non lle conviña nada esta visita ás obras; foi unha pena que se era coñecedor destes feitos non dera as explicacións oportunas na sesión plenaria”, remata Óscar Vilar.

Avda. de Santiago (O Pino)

Avda. de Lugo (O Pino)

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018