Novas

LAMENTAN QUE O CONCELLO DE O PINO TEÑA TOTALMENTE ABANDONADA A SENDA PANORÁMICA DO PICÓN

O PSOE de O Pino critica e lamenta que o Concello teña totalmente abandonada a “Senda Panorámica do Picón”

Solicitarán, no próximo pleno, que se proceda a executar todos os traballos que sexan necesarios para a conservación, limpeza e reposición da sinalización

Tamén demandan que se realicen os trámites co obxecto de que esta ruta reciba a homologación por parte da Federación Española e Galega de Montañismo

En O Pino, a 24 de marzo de 2021. O Grupo Municipal Socialista do Pino solicitará no próximo pleno, a través de moción, que o Concello proceda a executar todos os traballos que sexan necesarios para a conservación, limpeza e reposición de toda a sinalización da ruta denominada “Senda Panorámica do Picón”.

Os Socialistas lamentan que a web municipal faga promoción, na páxina de turismo, desta ruta e logo despois na práctica o sendeirista se atope sen sinalización, e con tramos totalmente intransitables pola gran cantidade de maleza que acumulan, “así non se coida a nosa riqueza natural e patrimonial, nin tampouco se fai promoción do noso concello. O Alcalde do Pino de conservación e mantemento non entende, só entende da promoción e fotos o día das inauguracións, ao día seguinte xa se esquece de todo”, critican.

Demandan a homologación da ruta

O PSOE tamén demandará que se realicen todos os trámites co obxecto de que esta ruta pase a estar catalogada e homologada pola Federación Española e Galega de Montañismo. Buscan poñer en valor o patrimonio natural de O Pino, e, así mesmo, ofrecer novos atractivos turísticos aos visitantes e peregrinos.

A Senda Panorámica do Picón é unha ruta circular de algo de máis de oito quilómetros, que parte do lugar da Rúa na parroquia de Arca, conta con un trazado moi sinxelo, e como puntos de interese cabe sinalar, entre outros, os Muíños de Astrar e o Miradoiro do Marco. Miradoiro desde o cal que se pode observar a nova terminal do Aeroporto Rosalía de Castro, o Monte da Mina, e case a totalidade do núcleo urbano de Pedrouzo.

 

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018