Novas

RECLÁMANLLE Á XUNTA QUE INCLÚA O CPI CAMIÑO DE SANTIAGO DE O PINO NO PLAN DE NOVA ARQUITECTURA PEDAGÓXICA

O GRUPO SOCIALISTA RECLÁMALLE Á XUNTA QUE INCLÚA O CPI CAMIÑO DE SANTIAGO DE O PINO NO PLAN DE NOVA ARQUITECTURA PEDAGÓXICA

Noa Díaz, tras petición do PSOE do Pino, incluirá nas emendas aos Orzamentos as obras urxentes de mellora nun centro que aínda non recibiu ningunha actuación de calado dende a súa construción nos anos 70

A parlamentaria socialista Noa Díaz, tras a petición do PSOE do Pino, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que inicie as obras de mellora imprescindibles para o CPI Camiño de Santiago, no concello de O Pino. Díaz lembra que o inmoble, construído nos anos 70, aínda non recibiu ata o día de hoxe ningunha actuación de calado.

Díaz anunciou emendas aos Orzamentos da Xunta para 2023 para garantir a actuación no CPI incluíndo o centro no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que conta cun orzamento de 191 millóns de euros para a ampliación, mellora e eficiencia enerxética dos centros educativos. Precisamente as actuacións que precisa o centro, que require dunha actuación urxente de mellora e tamén de eficiencia enerxética.

A parlamentaria socialista lembra que o acordo entre a Xunta e a Fegamp determina que, mentres os concellos se encargan do mantemento, conservación e reparación, a Consellería de Educación debe de facerse cargo das obras de maior calado, como as precisas para este centro. Estas teñen que ver, explica, coa carpintería exterior, a cuberta, a instalación eléctrica e de calefacción ou os baños.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018