Novas

SOLICITAN Á CORPORACIÓN PRESENTAR ALEGACIÓNS Á REDE DE CAMIÑOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE GONZAR

A Concentración Parcelaria do monte de Gonzar será tratada, este xoves 6 de febreiro as 12 horas, nun pleno extraordinario solicitado polo Grupo dos Socialistas do Pino

O proceso de reestruturación parcelaria do monte de Gonzar II despois de vinte anos de atraso, e tras o rexistro de varias iniciativas parlamentarias por parte do deputado do PSdeG-PSOE, Óscar Vilar, parece que volve a poñerse en marcha.

Así o indican as últimas accións levadas a cabo pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que vén de facer pública a memoria, orzamento, e os mapas do deseño da rede viaria.

Mapas que data de marzo do ano 2018, e onde figuran un total de 37 camiños, todos eles con un ancho de 4 metros, exceptuando as zonas dos abanos e entronques.

Camiños que tal como están proxectados non agradan a maioría dos veciños/as, dadas as numerosas curvas. Veciñanza que aprecia carencias, entre outras, a falta de información relativa as zonas de exclusión, o replanteo das novas fincas, e a construción/ampliación das pontes. Consideran que un proceso de reestruturación parcelaria se ten que realizar para corrixir o minifundismo e a dispersión, “e visto o trazado dos camiños, isto non se está a contemplar, e por iso xa temos presentadas varias alegacións tanto de xeito individual como colectivo” indican.

O PSOE local solicita o apoio da Corporación

O PSOE local, en liña coas actuacións levadas a cabo no Parlamento, mantivo varios encontros cos veciños/as afectados, e fíxose eco da reivindicacións. Solicitou pleno extraordinario e espera que o informe de alegacións proposto se traslade á Consellería do Medio Rural.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018