Obras

CRITICAN O ATRASO NA INSTALACIÓN DA CUBERTA DO PARQUE INFANTIL DE FORCAREI

Critican o atraso na instalación da cuberta do Parque Infantil de Forcarei

O PSOE do Pino culpa ao Alcalde polo nulo seguimento que fai das obras, e lamenta que a Deputación non actúe de oficio

O Parque Infantil de Forcarei, situado ao lado da escola infantil A Galiña Azul do Pino, será a primeira área de recreo infantil cuberta coa que contará O Pino grazas aos 89.600 euros que aporta a Deputación da Coruña.

Esta nova instalación “que xa debería estar rematada e a disposición da cativada”, segundo indican desde PSOE, foi solicitada polos socialistas no ano 2018 e incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación no ano 2019. “Tras saír a licitación e ser adxudicada o 15 de xullo do ano 2020, o único que se fixo, ata o momento, foi desfacer o parque, tal como testifican as propias imaxes”, critican.

Lamentan que o parque leve preto dun ano fora de servizo e sen trazas de que se retomen as obras, “esta obra foi deseñada para que os nenos e nenas puidera seguir gozando da instalación tanto os días de sol como os de choiva, e non para estar pechado con un cerramento metálico mal colocado”. “Foi o propio concello o que anunciou que o parque estaría listo en marzo deste ano, pasaron seis meses e desde aquela non se observou nin un só movemento na zona, a culpa de todo isto a ten o Alcalde polo nulo seguimento que fai das obras”, indica o voceiro socialista, Óscar Vilar.

Así mesmo, tamén critican que a Deputación da Coruña, como administración que financia as obras, non leve un mínimo de control e solicite de oficio as causas e motivos que atrasan a execución dos proxectos, “se fixera esa labor, que se presupón, moitas obras non se eternizarían”, apuntan.

Parque Infantil Forcarei

Parque Infantil Forcarei

Parque Infantil Forcarei

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018