Novas

O PSOE do Pino lamenta o anuncio de peche da oficina do Sabadell no Pedrouzo

O PSOE do Pino lamenta o anuncio de peche da oficina do Sabadell no Pedrouzo

Instan ao Goberno municipal a actuar de maneira inmediata

 A primeira voceira adxunta do Grupo Municipal do PSOE do Pino, Inka Lareo, vén de rexistrar unha moción solicitando que o Concello do Pino actúe de maneira inmediata ante o anuncio de peche da oficina do Banco Sabadell Gallego no Pedrouzo, previsto para o vindeiro 14 de outubro.

A concelleira do Grupo Socialista cataloga como “realidade blasfémica” o que está a facer o sector da banca co rural galego, “o peche continuado de oficinas bancarias no rural é un autentico ataque aos nosos maiores, os cales merecen o noso especial respecto e consideración”, indica.

O Grupo Socialista do Pino cree moi necesario que, ante estes continuos ataques do sector bancario ao rural galego, a clase política de calquera ámbito debe reaccionar, “primeiro, denunciando estas prácticas, e segundo loitando, con tódolos medios ao seu alcance, co obxecto de manter os poucos servizos básicos que quedan no rural, manifestan .

A moción, que se someterá a debate e posterior votación na sesión plenaria ordinaria a celebrar o vindeiro 29 de setembro, insta ao Goberno local, por un lado, a levar a cabo todas as accións necesarias e manter as reunións pertinentes para evitar a decisión de peche da sucursal. Por outro lado, e, no caso da persistencia por parte da entidade bancaria na súa pretensión, a retirada de tódolos fondos que o Concello do Pino teña na sucursal do Pedrouzo en Arca do Banco Sabadell Gallego.

Compartir
Publicado por
Administrador

Últimas novas

O PSOE de O Pino rexistra as súas propostas para o POS+ 2019

O Concello de O Pino ten asignados 663.370,24€, cantidade que se verá aumentada coas achegas…

06/11/2018

O PSOE de O Pino solicita eliminar as “Curvas da Xesteira”

Trátase das curvas máis perigosas que ten a vía que une a N-634 coa parroquia…

11/11/2018

700.000€. Importe, que demanda o PSOE de O Pino vía emendas aos orzamentos da Xunta

Solicitan partidas para o EDAR, CPI Camiño de Santiago e Concentración Parcelaria Gonzar II En…

24/11/2018

Denuncian as repetidas carencias no servizo de pediatría do Centro de Saúde de O Pino

Unha semana máis o Sergas non cubre a ausencia da pediatra O Pino, a 26…

26/11/2018

Toda a oposición de O Pino solicitará ao Alcalde presentar novas alegacións á Mina

Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello…

17/12/2018

O Concello de O Pino presentará novas alegacións ao proxecto da Mina tras aprobar en Pleno unha moción impulsada polos Socialistas

Na sesión debatéronse os orzamentos do 2019, que para o voceiro do PSdeG, Óscar Vilar,…

19/12/2018