A Deputación da Coruña, a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único Concellos), financia, na súa totalidade, a mellora da capa de rodadura na estrada local N634 ao Pumar, varios camiños na aldea do Pumar, e a vía que vai dende a N634 a Cabanelas (Gonzar).
As obras, que xa están a piques de rematar, consistiron en mellorar a capa de rodaxe con un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Así mesmo, tamén se realizou a limpeza de cunetas buscando a mellora no drenaxe.
En total tres quilómetros e trescentos oitenta metros de vías locais arranxadas grazas aos fondos do entre provincial (Deputación da Coruña).
O custo total das obras ascende a 66.728,29€ (ive incluído), presentáronse sete empresas; Arines Obras y Servicios. S.L.; Fárido, S.L.; Cosmalca, S.L.; Hordescon, S.L.; Obras y Viales de Galicia, S.L.; e Marconsa, S.L., resultando adxudicataria Cosmalca, S.L.