O Grupo Municipal Socialista do Pino, como xa fixera no mes de marzo do ano 2018, demanda ao Goberno local a adquisición de varios desfibriladores, co obxecto de que tódalas instalacións de carácter municipal poidan ser catalogadas como espazos cardioprotexidos.
Indican que esta é unha vella demanda do PSOE do Pino, “xa o solicitamos en Pleno en marzo do ano 2018. Por aquel entón o Alcalde votou en contra alegando que primeiro promovería a formación do persoal para logo despois proceder á adquisición”. “Pasaron tres anos e non fixo nin unha cousa nin a outra”, critican.
Na iniciativa manifestan que o ente local está ignorando a normativa autonómica, concretamente o artigo 3 do Decreto 38/2017, do 23 de marzo, da Consellería de Sanidade, o cal recomenda e fomenta a instalación e uso de desfibriladores externos fora do ámbito sanitario. Indicado especialmente para todo tipo de instalación pública, deportiva, ou centro educativo.
Resaltan a importancia que teñen os DEA – DESA cando nos atopamos con un paciente que acaba de sufrir unha morte súbita cardíaca, “para estes casos contar cun desfibrilador cerca, é de suma importancia” sinalan.
En base a todo isto, a concelleira do grupo, Noris Núñez, defenderá no próximo Pleno una iniciativa solicitando a subministración de desfribiladores (DESA), para todas as instalacións públicas de carácter municipal, xunto aos maletíns de reanimación, e, tamén, demandará que se promova a formación para todos os interesados/as.