Consideran que, unha vez coñecidos os novos documentos e informes, entre outros, o do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), é necesario formular novas alegacións facendo partícipes das mesmas aos veciños afectados
En O Pino, a 17 de decembro de 2018. A mina de cobre a ceo aberta proxectada nos concellos coruñeses de Touro e O Pino está tendo un gran rexeitamento social e político en Galicia, e así o avalan as mocións aprobadas en contra do proxecto en preto de cincuenta concellos, e tamén deputacións como a de A Coruña e Pontevedra.
Un proxecto polémico, onde os haxa, que promove Atalaya Mining e Cobre San Rafael. Sociedade, esta última, que está a tramitar as autorizacións de explotación ante a Xunta. Un amplo expediente administrativo que se atopa en fase de tramitación e pendente de resolución, pero que non deixan de sumar informes contrarios á explotación mineira.
O último, o de ICOMOS -organismo ligado a UNESCO- alertando que a actividade mineira proxectada (escolleiras) sepultará unha parte da trazada histórica do Camiño de Santiago orixinal, destruíndo bens culturais do entorno ligados o Camiño de Santiago. Camiño, incluído na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
Así mesmo, as contestacións dadas pola empresa promotora, o informe de
consideración municipais, confirman que no termo municipal de O Pino a Mina eliminará, entre outros; un centro de captación de auga, un deposito e planta de tratamento, un miradoiro, e parte dunha senda. Contémplando, tamén, expropiacións de terreos para proceder o desvío do leito dun río.
Motivos, máis que suficientes para que todos os grupos da oposición de O Pino (PSdeG-PSOE e BNG), insten a través de moción ao Alcalde a presentar novas alegacións facendo partícipes das mesmas aos veciños afectados. Moción, que presentarán para o seu debate no último pleno ordinario do ano, fixado para este mércores, 19 de decembro, as 10:30 horas.